Desenvaina (Redondela)
O Motivo.
Garda municipal que levaba un sable co que ameazaba ós rapaces.
A Persoa.
Alfredo Camiña Martínez foi emigrante en Arxentina. En 1919 ocupou a praza de cabo dos municipais en Redondela. Coa chegada da II República sería revocado do seu cargo en agosto do 1930.
O seu cargo e o seu acento arxentino convertírono en protagonista de moitas coplas da vila.
A Anécdota.
Un día Leirón quitoulle o sable e tiroullo a unha finca propiedade da señora Filomena, ó lado do edificio onde estaba Telégrafos e detrás da antiga Oficina de Correos.