Abadesa (Vilavella)
O Motivo.
Era a abadesa do Covento da Orde das Xustinianas de Vilavella.
A Persoa.
Pilar Rubín nada na Rioxa en 1886. Foi a derradeira abadesa do Convento de Vilavella, concedendo permiso para abandoar este mosteiro. Pertencentes á orden de San Lorenzo Justiniano de Clausura, as monxas deixaron as instalacións o 26 de Febreiro de 1932.
Alambique
O Motivo.
Pola súa afición polo augardente.
O Significado.
alambique (ár. Al-ambiq, id. <gr. Ámbix –ikos ‘vaso’) s. m. Aparello de cobre ou aceiro para destilar líquidos que consta dunha caldeira onde se quenta o líquido e un conduto refrixerado por onde cae o producto da destilación; alquitara.
Andaluzas, as (Redondela)
O Motivo.
Irmás procedentes de Xaén.
As Persoas.
Natalia (falecida en 1958) e Pilar Blanco Lago (falecida en 1940) eran mestras.
Arbitrios, Pepe de (Pontecaldelas/Reboreda) ou Cabeza de Plata
O Motivo.
Era o cobrador dos arbitrios.
A Persoa.
José Martínez Seoane. Probablemente, natural de Pontecaldelas, accedeu ó posto de Vixilante de Arbitrios en 1945. Tralo falecemento da súa muller trasladou a súa residencia a Pontecaldelas.
O Alcume.
Tamén chamado Cabeza de Plata.
O Significado.
arbitrio: 4. Dereitos ou imposicións con que se arbitran fondos para gastos públicos, xeralmente municipais.
Neste caso o que se cobraban eran impostos polos postos da praza...