Alcumes dos mestres-as
Neste apartado recollo os alcumes que os nenos-as lle poñen aos seus mestres-as e que non soen do ámbito escolar.
CEIP Cedeira
Bigotes (CP Cedeira): Tiña bigote.
Chinita ou Curricha (CP Cedeira): Por ser pequena.
Peladillo ou Pexego (Cedeira): Era calvo.
Seca, la (CP Cedeira): Profesora delgada.
CEIP Cesantes
Billetero (Cesantes)
Chiva, o (CP Cesantes): Mestre de ximnasia malo e retorto.
Porai (CP Cesantes)
Chapela
Chepa, Antonio o (Chapela)
IES Chapela
Barragán (IES Chapela): Polo seu parecido co humorista.
Carafoca (IES Chapela): Polo seu físico pouco agraciado.
Cebolla, la (IES Chapela): Polo cheiro a suor.
Cojo, el (IES Chapela): Tiña unha perna máis curta ca outra.
Colombo (IES Chapela): Por vestir a miúdo unha gabardina similar a do televisivo detective.
Culo de pato (IES Chapela): Polo movemento das cadeiras.
Electrón (IES Chapela): Mestra de física moi baixiña e acelerada.
Loca (IES Chapela): Polos seus repentinos troques de humor e gritos.
Panco (IES Chapela): Por ser todo "pan comido".
Pixiñas, Paco (IES Chapela): Por levar a cremalleira do pantalón sempre aberta.
Robocop (IES Chapela): Por mor das súas doenzas, dicíase que, tiña o corpo cheo de próteses metálicas.
Quevedo (IES Chapela): Polos lentes redondos, semellantes as do famoso escritor.
Superman (IES Chapela): Por disfrazarse así no entroido.
Wally (IES Chapela): Polas camisetas raiadas, as gafas e a mochila.
CEIP Reboreda
Mortadelo (CP Reboreda): Parecíase fisicamente e vestía chaqueta e garabata coma esta personaxe do cómic Mortadelo y Filemón.
CEP Redondela
Avestruz (CP Redondela): Era moi alta e chamábase Mari Cruz..
Beethoven (CP Redondela): Impartía a clase de música.
Calvito (CP Redondela): Profesor que era calvo.
Chepa (CP Redondela): Ven do seu pai, polo físico.
Chosca, la (Redondela)
Huevo, la (CP Redondela)
Maxtor (CP Redondela): Pola personaxe do xogo da oca.
Palleiro (CP Redondela)
Paridas (CP Redondela): Profesor que mandaba facer paridas aos seus alumnos.
Patata, Carlos (CPRedondela): Pola forma do seu nariz.
Pe de Sepo (Redondela)
Petardo (CP Redondela):
Pinocho (CP Redondela): Mestre que era chamado Binocho.
Pirolas (CP Redondela): Mestre ao que, durante unha excursión, se lle viron as súas partes nunha piscina.
Preñada, la (CP Redondela): Estaba embarazada.
Rascayú (C. P. Redondela)
Tacones Lejanos (CP Redondela): Porque se lle escoitaba camiñar dende lonxe.
IBM Mendiño-Redondela
Asquito (IBM Mendiño): Mestra que era pequena.
Bacterio (IBM Mendiño): Mestre de ciencias que sempre puña bata, por iso lle puxeron o nome do científico do cómic Mortadelo e Filemón.
Batman (IBM Mendiño e IES San Simón): Polo seu chuvasqueiro.
China, la (IBM Mendiño): Mestra de galego que tiña os ollos como as persoas desa nacionalidade.
Conejo, la (IBM Mendiño): Por ter os dentes grandes.
Cruyff (IBM Mendiño): Parecido físico a Johan Cruyff, xogador e adestrador de fútbol.
Enana, la (IBM Mendiño): Muller con enanismo.
Gitano(IBM Mendiño): Por ser moreno.
Guacamello (IBM Mendiño): Profesor que se apelidaba Vermello.
Jaimito (IBM Mendiño): Por poñer gabardina tódolos días do ano e parecerse ao actor Alvaro Vitali, famoso polo seu papel de Jaimito en numerosas películas.
Loba, la (IBM Mendiño): Pola forma de vestir.
Mami (IBM Mendiño): Mestra que impartía “Hogar”.
MD (IBM Mendiño): Non llo puxeron por ser Moi Deficiente, se non por abreviar o seu nome, María Dolores,
Micebrina (IBM Mendiño): Home moi tranquilo, parecía que se tomara Micebrina.
Milagritos (IBM Mendiño): Sempre falaba empregando diminutivos.
Patillón (IBM Mendiño): Tiña as patillas moi tupidas.
Rastrillo (IBM Mendiño): Profesor que se peiteaba para deixando regos.
IES San Simón-Redondela
Butrejo (IES San Simón):
Pexejo (IES San Simón):
Sapo, la (IES San Simón):
Tucán (IES San Simón): Pola forma do seu nariz.
FP Floriani-Redondela
Loba, la (FP Floriani):
Sen localizar
Porky
Texto: J. Migueles