Alcumes Modernos (nados a partir de 1950).
H.
Harry (A Portela-Cedeira): Por ser máis chulo que Harry o sucio.
Harry el Sucio (Chapela): Policía Municipal tan fachendoso coma a personaxe interpretada por Clint Estwood.
Harry Petas: Por usar gafas como Harry Potter.
Heavy, Javi (Cabanas-Cedeira): Era heavy.
Heavy bueno, el (Cedeira): Moita xente pensa que é porque, a pesares da súa estética heavy e a súa corpulencia, era bo rapaz. Pero, en realidade, puxéronllo durante unha tempada que estivo sen beber alcohol, e chocaba miralo pedir un zume un sábado pola noite.
Hidroxi
Hillary, Beti (Redondela): Por vestir moitos modeliños divinos coma Hillary, personaxe da serie de televisión “O príncipe de Bel Air”.
Hombrecito del palomar, el: Porque tiña un pombar e dicía que tiña as pombas amestradas.
Escribir comentario