Alcumes Modernos (nados a partir de 1950).
B.
Baby (Cabanas-Cedeira):
Bacalao, Fernanda (Redondela): Polo seu tamaño.
Bacurrito, Fermín (Redondela):
Ballena (Redondela): Nacera en Bahía (Brasil), era gordo e fixeronlle un xogo de palabras (bahiano>Ballena). Irmán maior de Goyano.
Bambi (Redondela/Ribeira)
Banana, Juan (Reboreda)
Barbi: É pequena e loira como a moneca.
Baretta (Redondela): Un día dixo: “A partir de hoxe chamarme Baretta”. Este era o nome dunha serie de televisión setenteira e o seu homónimo protagonista era un macarrilla.
Baretta (O Muro-Vilavella): Parecido físico co actor da serie anteriormente nomeada.
Barocha, Picho: Porque se trabucaron ó dicir o seu apelido.
Barri (Barrigas) (O Viso): Pola súa corpulencia.
Bataca, Lucho (Reboreda): Toca a batería.
Bataclín (Reboreda): Recibe o nome de Giovanni Battagglin, ciclista italiano gañador da Vuelta a España de 1981, por andar sempre en bicicleta.
Baturro, Lucho (Redondela):
Becke ou Kaiser (Redondela): Por xogar como “O Káiser” Beckembauer.
Beckham, los: Compárannos coa glamurosa parella porque son feos.
Bellaco (Redondela): Derivado do seu caracter e o seu apelido, Velasco.
Bestián (Redondela): Por chamarse Bastián (Sebastián) e ser moi grande.
Bibí (Bibí Andersen) (Redondela):
Biboy (Pontecaldelas/Redondela): Gustáballe a música rap.
Bicho, el (Chapela):
Bidacocha (Redondela)
Billy (Reboreda)
Birollo: Por ser birollo.
Bisuco (Trasmañó)
Bizarri (Cedeira)
Blossom (Redondela): Polo seu parecido coa protagonista desta serie de televisión dos anos 90.
Bobi, Luis (Redondela):
Bocata de Queso (Chapela)
Bolita, Jose (Redondela): Por non estar delgado.
Boludo
Bomba, Roberto (Canabal-Vilavella)
Bombero: O seu pai traballaba como bombeiro para o concello.
Bombilla (Bombi) (Quintela): Polo seu físico tren superior ancho e inferior estreito semellaba unha bombilla.
Bombilla (Redondela): Pola forma da súa cabeza.
Bombillón, Kiko (Redondela): A súa cabeza lembra a unha bombilla.
Bombín, Carlos (Redondela)
Bonano, los (Cedeira): Nome de familia mafiosa italiana, puxéronllo a uns irmáns que de nenos eran malos.
Boniato
Boquita (R. Plata- Redondela): Por ter a boca grande.
Borrachín (Redondela)
Borralla (Chapela)
Botejara (Redondela):
Botella, Jorge (Cedeira)
Botellín (Redondela): Derivado do seu apelido Fervenza>Cerveza>Botellín.
Boxeador (O Viso): Pola forma do seu nariz.
Boya, Alfonso (A Portela-Cedeira): Por xogar a waterpolo na posición de “hombre boya”.
Braga (Redondela): Por ser cobardica.
Brasi (Chapela)
Brava, la (Cabeiro):
Brújula (Redondela): Buscando a Mingos “Massó”, foi ao Xanela Pub e non o atopou, foi ao Stop e tampouco. Mingos vinha detrás del e cando saiu preguntoulle: “Seica necesitas unha brújula?”.
Búho (Redondela)
Bullman (Redondela): Recibe o nome da personaxe dunha serie de televisión polo seu parecido físico.
Burri, Ángel (Eira Pedriña-Cedeira)
Butano, Manolo (Reboreda): O seu pai era dono da distribuidora de bombonas de butano.
Buzo, Berto (Redondela):
Texto: Juan Migueles
Escribir comentario
bokita cobian (lunes, 20 septiembre 2010 17:35)
boki
Peseto,Manoli (viernes, 25 marzo 2011 15:39)
Bombin( Carlos,redondela)
Peseto,Manoli (viernes, 25 marzo 2011 15:46)
Bacalao( Fernanda,Redondela por su tamaño)
claudio darrosa "dito gullú) (miércoles, 09 mayo 2012 17:58)
falta benito cascallo
Chirimiri (miércoles, 11 julio 2012 00:06)
Bombilla, Alberto (Redondela) Pola sua cabeza, semella unha bombilla.