Alcumes Clásicos (nados antes de 1950).
S.
Sabará (Redondela): Porque nos anos 30 xogou ao fútbol no Botafogo FC de Sabará, equipo brasileiro do estado de Minas Gerais, nado a imaxe do famoso Botafogo de Río de Janeiro.
Sabelotodo
Sacarrollas (Chapela)
Sachadeira (O Viso)
Saco da risa, o (Cabeiro)
Sacristán, do (Ceasntes)
Sacristán (Chapela):
Sacristán, Pepe o (Vilar): Era o que tocaba a campá.
Sacristanes, os (Vilavella): Alcume que recibe a familia do sacristán das monxas de Vilavella.
Safara (Redondela):
Safrada, a (Cedeira)
Saiona (Cesantes): Pola súa saia.
Sajare
Sala (Salamanca/Vilavella-Redondela): Por ser de Salamanca.
Salamanquina, a (Salamanca/Vilavella-Redondela): Por ser de Salamanca.
Salabardo (Redondela): Por non saber que era un salabardo, aparello que se leva no barco para recoller o peixe que ven nas redes.
Saleroso
Salgueira, a (Esfarrapada-Redondela):
Salmantinas, as (Vilavella-Redondela): Naturais de Salamanca.
Salvadora, a (Cesantes): En 1950 socorreu a catro homes no naufraxio da lancha que transportaba a un grupo de falanxistas que partiran da illa San Simón. Tamén chamada a Nadadora.
Sambido
Sambo ou Zambo (R. I. Queimaliños-Redondela): Por ser “sambullo” (forte).
Sambole
Sanchiño (Saxamonde)
Sandalio
San dios, a (Ventosela)
Sandokan (Vigo/Redondela): Tiña barba e melena como a personaxe de Emilio Salgari.
Sangano
Sangrespañola
Sanita (Redondela)
San Mighel
San Pedro (Cesantes): Alcume toponímico.
San Roque, de (Cedeira): Existe como topónimo, nome dunha propiedade.
Sansón
Santa (Chapela)
Santán (Redondela):
Santanderina (Redondela): O seu pai era de Santander.
Santiña (Redondela): Alcume cariñoso.
Santiñas (Cesantes)
Santono a fono (Redondela):
Santuario no se rinde (Redondela): Abriron unha tenda nun local onde fracasaran varios negocios, coincidindo coa proxección na vila da película El Santuario no se rinde.
San vento
Sapella, a (Esfarrapada-Redondela)
Sapito (Vilavella)
Sapo (Negros)
Saquetas
Saquetos, José (Redondela)
Saramela
Sardena (Esfarrapaza-Redondela)
Sargento (Cesantes): Oficio do patriarca.
Sarillo (Saxamonde)
Satenta ou Setenta (Redondela):
Sean, os do (Negros)
Seco, o (Esfarapada-Redondela)
Seco (Saxamonde)
Secretario (Redondela): Porque nos anos 40 foi detido acusado de ser secretario de guerrillas dentro da organización do Partido Comunista en Redondela.
Seduca
Seida (Cedeira): Por abrir un pequeno taller mecánico comparárono co mellor taller de Vigo.
Seiscientos (Portugal/Trasmañó)
Sela (Cedeira)
Sela (Sela/Reboreda): Nome da localidade na que naceu.
Sellador (S. XIX) (Cedeira): Empregado do Concello. Cando alguén da parroquia tiña que facer unha xestión burocrática, presentáballe os papeis e o seu selo dáballe validez legal. O alcume foi herdado pola familia.
Sencillo (¿?/Redondela): Cando chegou a traballar a Redondela dixo: ”Soy jefe de Correos pero soy un hombre sencillo.”
Sensa (Redondela):
Sentadora (Redondela):
Señor Don, o (Ventosela)
Señor Gobernador (Redondela): Por “gobernar os paraugas”, arranxalos.
Señorita A, E, I, O, U (Redondela): Alcume de escarnio dos detractores da pedagoga Ernestina Otero, primeira muller de Redondela en ir estudar a Madrid.
Señorito (Negros)
Sereno, o (Xogo dos Bolos-Reboreda)
Serrano (Zamora-Vilavella): Home que chegou de Zamora a mediados do século XIX. Un dos descendentes conta que ía polas terras da Mancha a vender produtos de mercería coma puntillas. Cando chegaba a Redondela a xente preguntáballe: “-De onde ves?”; e ela contestaba: “-Veño desas Serras Malditas”.
Serrucho (Cesantes): Porque traballaba no serradoiro de Jesús do Pazo en Soutoxusto.
Sesión continua programa doble (Redondela): Parella que cando se bicaban na rúa eran demasiado apaixonados.
Seso (Redondela):
Sesteiro (O Viso)
Sete, as do (Chapela)
Sete Costas (Ventosela)
Sete fodas
Sete ladrillos
Sevillana (Cesantes)
Sevillano (Redondela):
Sexate (Santa Mariña-Redondela)
Shirley, a de (Vilavella-Redondela): Nome da mercería que rexentaba.
Sidaño (Redondela):
Sideiro (Quintela)
Sieira, a (O Viso)
Sielos, de los
Siempre igual
Silabario, o (Trasmañó)
Silleira (Reboreda)
Simca, a (Redondela):
Simplón (Redondela)
Sin conciencia ou Sen consensia (Ourense/Redondela): Perruqueiras que facían malos peinados.
Sinco pesos (Redondela): Ao cobrar o seu empregado sempre lle pedía máis cartos e el sempre contestaba: -“Toma, sinco pesos”.
Sin Cu (Ventosela)
Sinecura
Sin estómago
Sin furruxaina
Sin mangas, Marcial
Sintonía (O Viso):
Sío, os do (Vilar)
Sirineu
Siruca (Redondela):
Soborne
Sobretodo: Regresou da Arxentina cun modelo de abrigo que alá chamaban sobretodo.
Socio (Redondela)
Socorrita (Vilavella)
Solapo
Solitario
Sonate (Redondela):
Sónate moneco (Hermida/Redondela): Dicíalle a miúdo esta frase ao seu fillo para que se limpase o nariz.
Sono
Sonso
Soño
Sopa
Sopeiro, os do (Vilar)
Sordo-a (Varias Parroquias): Persoas xordomudas ou con problemas de audición.
Sorianos (Chapela)
Sospecha (Redondela): Sospeitábase que era homosexual.
Soto (Cesantes)
Souta (Cesantes)
Soutela (O Viso)
Soutelo (Cedeira/Cesantes): Por vir do topónimo Soutelo (Cedeira).
Souto, do (Trasmañó): Topónimo.
Souto, do (O Viso): Topónimo.
Suardeiro
Sucesos y catastrofes, Mucha (Redondela): Por contar sempre as novas máis tremendas. NOTA: “catastrofes” pronunciado así co acento no “o”.
Sufritos (O Viso)
Sundón
Súpeto, o (Ventosela)
Sura (Redondela): Tiña pombas ás que chamaba dicindo: -“¡Sura, sura!”.
Susteiro (O Viso):
Suxa (Esfarrapada-Redondela):
Texto: J. Migueles
Escribir comentario